Archivo: Uncategorized

XVI CONCERTO DE NADAL DA BANDA DE MÚSICA DE SILLEDA – XOLDRA NA EIRA

By | Uncategorized | No Comments

Cartel menos calidade  “Xoldra na eira” é un espectáculo multidisciplinar, no que se      amalgaman  a través dunha historia, melodías eternas creadas polo  pobo, e que expresan  vivamente, os ideais da súa alma e as paixóns  do  seu corazón… Eses aires,  estupendamente harmonizados e  axustados,  para levar a cabo pola banda de  música, a banda de gaitas,  as voces e o  baile, explotan esa rica canteira de  materiais para a  construción do  magno edificio, que demanda a música  galega:  xugosa, emotiva, espiritual… que abarca no seu ámbito, desde as humorísticas cancións, ata as que expresan as máis dramáticas paixóns.

Un espectáculo máxico que fará que os máis maiores lembren momentos de outrora e que os máis novos coñezan a través da música nosas raíces.

As entradas poderanse retirar na Escola de Mùsica ata o Xoves 17. Prezo 5,00 €. E a partir das 19:30 nas taquillas do Auditorio.

PARTICIPACIÓN DA BANDA DE SILLEDA NO IX CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA

By | Uncategorized | No Comments

Este vindeiro domingo 22 de novembro, a Banda de Música Municipal de Silleda vai participar por vez primeira no IX Certame Galego de Bandas de Música, na sección primeira, na que competirán as seguintes bandas:

• Banda de Música Municipal de Valga
• Banda de Música Municipal de Silleda
• Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros

Por iso, a Asociación de Amigos da Banda, a Escola de Música Municipal de Silleda e a propia Banda de Música, pedímosvos agora, e máis que nunca, que o domingo día 22 de novembro no AUDITORIO DE GALICIA (Santiago de Compostela), apoiedes coa vosa presenza, á banda, no devandito Certame.

As actuacións darán comezo ás 16:30 h e serán na orde que vos indicamos máis arriba.

Haberá servizo de autobús (ida e volta), para todos os que desexen asistir ao certame. O prezo é de 4,00 €.
Anotarse na Escola de Música antes do venres 20 de novembro.

Con motivo da celebración deste Certame, a Banda de Música Municipal de Silleda vai realizar un concerto o venres 22 de novembro, ás 22:00 h. no Auditorio da Semana Verde de Galicia, na que interpretará o repertorio que levará ao Certame. Convidámosvos a que participedes neste concerto.

ACOMPAÑA Á BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA O 22 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO DE GALICIA!!!

12227096_719147144896611_6923638976458635303_n