Este vindeiro domingo 22 de novembro, a Banda de Música Municipal de Silleda vai participar por vez primeira no IX Certame Galego de Bandas de Música, na sección primeira, na que competirán as seguintes bandas:
• Banda de Música Municipal de Valga
• Banda de Música Municipal de Silleda
• Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros
Por iso, a Asociación de Amigos da Banda, a Escola de Música Municipal de Silleda e a propia Banda de Música, pedímosvos agora, e máis que nunca, que o domingo día 22 de novembro no AUDITORIO DE GALICIA (Santiago de Compostela), apoiedes coa vosa presenza, á banda, no devandito Certame.
As actuacións darán comezo ás 16:30 h e serán na orde que vos indicamos máis arriba.
Haberá servizo de autobús (ida e volta), para todos os que desexen asistir ao certame. O prezo é de 4,00 €.
Anotarse na Escola de Música antes do venres 20 de novembro.
Con motivo da celebración deste Certame, a Banda de Música Municipal de Silleda vai realizar un concerto o venres 22 de novembro, ás 22:00 h. no Auditorio da Semana Verde de Galicia, na que interpretará o repertorio que levará ao Certame. Convidámosvos a que participedes neste concerto.
ACOMPAÑA Á BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA O 22 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO DE GALICIA!!!