ABERTO PLAZO DE MATRÍCULA DO CURSO 2.015/16 DA ESCOLA DE MÚSICA DE SILLEDA

By agosto 27, 2015 Noticias No Comments
Cartel_inicio_matr_cula_ (1)

Estamos preparando o comezo do novo curso da Escola de Música Municipal de Silleda, no Centro de Silleda.

A partir do luns 31 de Agosto, e ata o luns 21 de Setembro, xa se pode realizar a matrícula do novo curso 2.015/16, tanto para os alumnos do curso pasado como os novos alumnos que queiran comezar.

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA: Do 31 de Agosto ao 21 de Setembro.
CENTRO DE SILLEDA – Casa da Música
Rúa Pontevedra, 4, 36540 Silleda – Teléfono 986 592 004
de 12.30 ás 14.00 h. – 17.00 ás 20.30 h.

ESPECIALIDADES: Bombardino, Saxofón, Piano, Trompa, Oboe, Fagot, Trompeta, Violonchelo, Banda Xuvenil, Linguaxe Musical, Música de Cámara, Armonía e Análise, Contrabaixo, Clarinete, Trombón, Frauta, Coro, Tuba, Gaita, Percusión, Acordeón, Guitarra…